13 de outubro de 1936. Logo de buscalos sen cesar desde o alzamento militar do 18 de xullo, un nutrido grupo de falanxistas, gardas civís e carabineros, van a dar coa casa onde se ocultan os Ineses.
Os Ineses eran así chamados por ser os fillos de Ines. Eles eran Luis e Pepe López Luis. De tendencias socialistas un, e anarquista o outro. A caza a persoa leal a República, a caza a persona demócrata, comenzou naquelas fatídicas xornadas de finais de xullo. As festas perderan o seu sentido alegre naquel verán de 1936.
Pero na mañán do 13, a traxedia iba a ter un fondo significado na parroquia de Sabarís, en Baiona.
Os Gardas e os falanxistas tomaron o asalto a casa de Ventura, un home octoxenario e cego que vivía axudado de Dolores de 73 anos. Alí deberían deestar os Ineses. E estaban. Pero non se deixarían coller de forma pacífica. As carreteras, as praias e as cunetas estaban moi cheas de cadáveres como para deixar collerse sen máis. Soa un tiro e un falanxista cae a rebolos escaleiras abaixo. Trátase de Refojo, un garda forestal.
Os Ineses fuxen polas ventás de atrás. Logo dun intenso tiroteo, os dous fican mortos. "debeuselle encasquillar a arma" comenta unha testemuña, "senón o Pepe levaba uns cantos por diante".
A señora Dolores é executada as portasda casa. O seu delito: facilitar refuxio e comida a uns fuxidos. A lección era clara, o apoio os escapados penábase coa morte. Así, de forma cruda.
O falanxista Refojo morre pouco despois a consecuencia dos disparos.
Deciden realizar un acto de vinganza, ainda non contentos coas tres mortes anteriores, e saen cara Vigo a buscar máis vítimas. Nun camión os vampiros azuis e verdes recorren as cadeas de Vigo e da habilitada de María Berdiales, un frontón municipal, sacan a nove personas. Todos homes. E van a ser asesiñados nunha curva, as aforas de Baiona, na estrada que vai cara a Oia. O pe da Virxe da Rocha. En Baredo.
Desde aquel día aquela volta da estrada sería coñecida como "a volta dos nove". Máxime, cando, xa desde os días próximos a matanza, alguen ou alguéns, estiveron marcando no chan, manchado pola sangre daquelas personas, nove cruces, asta ben rematada a dictadura franquista, nun claro e literal exemplo daqueles versos de Luis Cernuda: "rercuérdalo tú y recuérdalo a otros". Así a memoria chegou asta os nosos días.
En memoria daquela ou daquelas personas que día a día vencían o medo de ser detidas para deixala súa marca, marca que quedou no imaxinario popular como un elemento máxico de recordo das personas, comenzamos a elaborar este documental que levará o nome da curva: "A volta dos nove"
Seguindo a máxima do realizador "grava o que poidas e deixa reposar", este traballo comenzouse a xestar xa fai uns cantos anos. Pensado como un conxunto de 11 mini documentais que vai contando as distintas historias desta historia. Aquí presentamos un dos seus capítulos (e o único totalmente, ou casi, rematado) o do acoso e derribo dos irmáns López Luis.
teaser de a volta dos nove
Que ganas de velo enteiro!
ResponderEliminarE nos de rematalo, Aldo. Este traballo danos mais dolores de cabeza que satisfacións, ainda que espero que esta sexa grande.
ResponderEliminarUn saudo