domingo, 21 de noviembre de 2010

EL RUIDO Y EL SILENCIO nas rúas de Andorra

Os carteis anunciando a estrea para o próximo martes, 23, no salón de actos da casa de cultura de Andorra (Teruel) do documental El Ruido y el Silencio, xa lucen polas rúas e locais da vila como podedes ver nestas imaxes:

 na casa da cultura
 polas rúas
 en detalle co prospeto informativo a súa beira
e na televisión local

Todo pois xa está listo para a súa contemplación. So falta sabelo resultado, pero iso será a partires do martes.

Tamén por terras galegas continúa a súa proxeción. Este sábado, 27 de novembro, vai ter lugar outro pase do documental dentro do marco do festival de Cineuropa en Santiago de Compostela. Neste caso será no salón da Fundación Caixa Galicia na rúa do Vilar e a hora, as 22:30 da noite.

E como colofón a esta entrada anunciar que xa está practicamente rematado o seguinte documental de O Faiado: Arde Madrid. En breve colocaremos un trailer da versión final do documental.

martes, 9 de noviembre de 2010

ESTREA de EL RUIDO Y EL SILENCIO


Neste mes de novembro vai a ter lugar a estrea do documental el ruido y el silencio en dúas localidades distintas: Santiago de Compostela e Andorra.

En Santiago estará presente no marco do festival Cineuropa e os días de proyección serán o 12 e 27 de novembro.

O 12, o pase terá lugar na Aula Sociocultural Caixa Galicia, na rúa Carreira do Conde, 18, e será as 18:45 da tarde.

O sábado, 27 de novembro, será na Fundación Caixa Galicia (rúa do Vilar, 19) e será as 22:30.

En Andorra a estrea será en entremedias, o día 23 as 20:00 horas no Salón de Actos da Casa de Cultura.

Premendo aquí poderedes ter aceso o programa completo do festival Cineuropa en formato pdf


Estes son os datos do documental que poderedes ver:

Director: Antonio Caeiro

 
Ficha técnica:
  • Produción: O Faiado producións en colaboración coas asociacións La Masadica Roya (Andorra-Teruel) e O Faiado da Memoria (Vilagarcía de Arousa).
  • Realización: Antonio Caeiro.
  • Cámara: Xan Lourenzo.
  • Guión: Víctor Villanueva e Antonio Caeiro.
  • Interveñen: Begoña Planas, Pilar Abellán, José Mª Villanueva "Volante", Tomás Moya, Joaquín Laudo, Christian Callejas, Raimundo Abellán, José Vera, Olga Grau, José Angel Aznar e Pedro Villanueva.
  • Coa colaboración: do Ayuntamiento de Andorra (Teruel), Banda de Penitentes de Andorra, Cofradía Cristo de los Tambores y Bombos de Andorra, Junta Local de la Semana Santa de Andorra, José Mª Villanueva e José Angel Aznar. Gravado en Andorra (Teruel) durante a semana santa de 2010.

Datos técnicos:
  • Ano de produción: 2010.
  • Duración: 40 minutos.
  • Xénero: Documental.
Espero que todos os que vos pasedes por algún dos tres sitos o disfrutedes. Gracias.

lunes, 8 de noviembre de 2010

AI, CARMELA (a obra)

Os días 21 e 22 de outubro o Faiado estivo gravando a obra que o grupo Teatro de Adro estivo representando en Vilagarcía: Ai, Carmela.

A obra, protagonizada por Josito Porto e Melania Cruz, co acompañamento musical en escea de Sabela Dacal e baixo a direción de Tito Asorey, conta a historia de Paulino e Carmela que, xunto a Gustavete (que non aparece en escena o igual que o tenente italiano encargado da iluminación do teatro), son tres trovadores que actuan para o exército republicano durante a Guerra Civil. Un día o exército nacional os colle presos e os fai actuar para as súas tropas so pena de ser fusilados. Esta é a representación daquela actuación. Como público as tropas franquistas e un grupo de prisioneiros que "como gracia especial" lles permiten vela obra antes de ser fusilados o día seguinte.

Escrita para o teatro por José Sanchis Sinesterra, popularizouse gracias a versión cinematográfica realizada por Carlos Saura no ano 1990.

A versión do teatro de Adro foi estreada no auditorio de Vilagarcía de Arousa donde aproveitamos para gravala.

O anaco de obra que mostramos aquí corresponde o teaser que incluimos no deuvedé que se reparte para a súa promoción. Para contactar con eles so tedes que premer aquí.


ai, carmela