domingo, 19 de diciembre de 2010

Avanzando cara o final


Continuamos coa edición de a volta dos nove. Pouco a pouco vanse cosendo os distintos capítulos que compoñen a historia completa deste documental.

Logo ainda faltarán unhas últimas gravacións ficcionadas que unirán os distintos espacios e quedará todo listo para a súa visión.

domingo, 21 de noviembre de 2010

EL RUIDO Y EL SILENCIO nas rúas de Andorra

Os carteis anunciando a estrea para o próximo martes, 23, no salón de actos da casa de cultura de Andorra (Teruel) do documental El Ruido y el Silencio, xa lucen polas rúas e locais da vila como podedes ver nestas imaxes:

 na casa da cultura
 polas rúas
 en detalle co prospeto informativo a súa beira
e na televisión local

Todo pois xa está listo para a súa contemplación. So falta sabelo resultado, pero iso será a partires do martes.

Tamén por terras galegas continúa a súa proxeción. Este sábado, 27 de novembro, vai ter lugar outro pase do documental dentro do marco do festival de Cineuropa en Santiago de Compostela. Neste caso será no salón da Fundación Caixa Galicia na rúa do Vilar e a hora, as 22:30 da noite.

E como colofón a esta entrada anunciar que xa está practicamente rematado o seguinte documental de O Faiado: Arde Madrid. En breve colocaremos un trailer da versión final do documental.

martes, 9 de noviembre de 2010

ESTREA de EL RUIDO Y EL SILENCIO


Neste mes de novembro vai a ter lugar a estrea do documental el ruido y el silencio en dúas localidades distintas: Santiago de Compostela e Andorra.

En Santiago estará presente no marco do festival Cineuropa e os días de proyección serán o 12 e 27 de novembro.

O 12, o pase terá lugar na Aula Sociocultural Caixa Galicia, na rúa Carreira do Conde, 18, e será as 18:45 da tarde.

O sábado, 27 de novembro, será na Fundación Caixa Galicia (rúa do Vilar, 19) e será as 22:30.

En Andorra a estrea será en entremedias, o día 23 as 20:00 horas no Salón de Actos da Casa de Cultura.

Premendo aquí poderedes ter aceso o programa completo do festival Cineuropa en formato pdf


Estes son os datos do documental que poderedes ver:

Director: Antonio Caeiro

 
Ficha técnica:
  • Produción: O Faiado producións en colaboración coas asociacións La Masadica Roya (Andorra-Teruel) e O Faiado da Memoria (Vilagarcía de Arousa).
  • Realización: Antonio Caeiro.
  • Cámara: Xan Lourenzo.
  • Guión: Víctor Villanueva e Antonio Caeiro.
  • Interveñen: Begoña Planas, Pilar Abellán, José Mª Villanueva "Volante", Tomás Moya, Joaquín Laudo, Christian Callejas, Raimundo Abellán, José Vera, Olga Grau, José Angel Aznar e Pedro Villanueva.
  • Coa colaboración: do Ayuntamiento de Andorra (Teruel), Banda de Penitentes de Andorra, Cofradía Cristo de los Tambores y Bombos de Andorra, Junta Local de la Semana Santa de Andorra, José Mª Villanueva e José Angel Aznar. Gravado en Andorra (Teruel) durante a semana santa de 2010.

Datos técnicos:
  • Ano de produción: 2010.
  • Duración: 40 minutos.
  • Xénero: Documental.
Espero que todos os que vos pasedes por algún dos tres sitos o disfrutedes. Gracias.

lunes, 8 de noviembre de 2010

AI, CARMELA (a obra)

Os días 21 e 22 de outubro o Faiado estivo gravando a obra que o grupo Teatro de Adro estivo representando en Vilagarcía: Ai, Carmela.

A obra, protagonizada por Josito Porto e Melania Cruz, co acompañamento musical en escea de Sabela Dacal e baixo a direción de Tito Asorey, conta a historia de Paulino e Carmela que, xunto a Gustavete (que non aparece en escena o igual que o tenente italiano encargado da iluminación do teatro), son tres trovadores que actuan para o exército republicano durante a Guerra Civil. Un día o exército nacional os colle presos e os fai actuar para as súas tropas so pena de ser fusilados. Esta é a representación daquela actuación. Como público as tropas franquistas e un grupo de prisioneiros que "como gracia especial" lles permiten vela obra antes de ser fusilados o día seguinte.

Escrita para o teatro por José Sanchis Sinesterra, popularizouse gracias a versión cinematográfica realizada por Carlos Saura no ano 1990.

A versión do teatro de Adro foi estreada no auditorio de Vilagarcía de Arousa donde aproveitamos para gravala.

O anaco de obra que mostramos aquí corresponde o teaser que incluimos no deuvedé que se reparte para a súa promoción. Para contactar con eles so tedes que premer aquí.


ai, carmela

miércoles, 27 de octubre de 2010

La Puerta de los Vientos

O faiado tamén participou na celebración da festa da poesia de Andorra (Teruel), La Puerta de los Vientos. Foi a través da asociación La Masadica Roya e co vídeo poema "Amigos Masada Roya".

Gravado no auditorio de Vilagarcía nun blanco e negro altamente contrastado, con Víctor como elemento humano do mesmo e que recitaba unha metade de poesia que sería respostada, en directo, alá, na súa terra natal, en Andorra.

Este vídeo mostra as dúas partes. Comenza coa introdución de José Ángel na ermida do Pilar e continúa co vídeo que nos realizamos desde Galicia. Engadímoslle as contestacións de José Ángel en directo e a parte final do recitado na voz do compañeiro Ramón.

Pero é mellor que o vexades a continuación:


amigos masada roya

jueves, 16 de septiembre de 2010

O Faiado no ANIMACAM

O clip de vídeo de Crime na volta, segundo teaser de A Volta dos Nove, que se pode ver neste blog, participa no festival de animación ANIMACAM (http://www.animacam.tv/) no apartado de multimedia.

miércoles, 8 de septiembre de 2010

A volta dos nove II

Un novo clip de A volta dos nove. Trata neste caso dunha animación realizada por Pablo Millán e Ana Lombao que nos ilustran o comentario da testemuña da execución dos nove de Baredo no lugar que da nome o documental.


teaser II a volta dos nove

jueves, 2 de septiembre de 2010

A volta dos nove

13 de outubro de 1936. Logo de buscalos sen cesar desde o alzamento militar do 18 de xullo, un nutrido grupo de falanxistas, gardas civís e carabineros, van a dar coa casa onde se ocultan os Ineses.

Os Ineses eran así chamados por ser os fillos de Ines. Eles eran Luis e Pepe López Luis. De tendencias socialistas un, e anarquista o outro. A caza a persoa leal a República, a caza a persona demócrata, comenzou naquelas fatídicas xornadas de finais de xullo. As festas perderan o seu sentido alegre naquel verán de 1936.

Pero na mañán do 13, a traxedia iba a ter un fondo significado na parroquia de Sabarís, en Baiona.

Os Gardas e os falanxistas tomaron o asalto a casa de Ventura, un home octoxenario e cego que vivía axudado de Dolores de 73 anos. Alí deberían deestar os Ineses. E estaban. Pero non se deixarían coller de forma pacífica. As carreteras, as praias e as cunetas estaban moi cheas de cadáveres como para deixar collerse sen máis. Soa un tiro e un falanxista cae a rebolos escaleiras abaixo. Trátase de Refojo, un garda forestal.

Os Ineses fuxen polas ventás de atrás. Logo dun intenso tiroteo, os dous fican mortos. "debeuselle encasquillar a arma" comenta unha testemuña, "senón o Pepe levaba uns cantos por diante".

A señora Dolores é executada as portasda casa. O seu delito: facilitar refuxio e comida a uns fuxidos. A lección era clara, o apoio os escapados penábase coa morte. Así, de forma cruda.

O falanxista Refojo morre pouco despois a consecuencia dos disparos.

Deciden realizar un acto de vinganza, ainda non contentos coas tres mortes anteriores, e saen cara Vigo a buscar máis vítimas. Nun camión os vampiros azuis e verdes recorren as cadeas de Vigo e da habilitada de María Berdiales, un frontón municipal, sacan a nove personas. Todos homes. E van a ser asesiñados nunha curva, as aforas de Baiona, na estrada que vai cara a Oia. O pe da Virxe da Rocha. En Baredo.

Desde aquel día aquela volta da estrada sería coñecida como "a volta dos nove". Máxime, cando, xa desde os días próximos a matanza, alguen ou alguéns, estiveron marcando no chan, manchado pola sangre daquelas personas, nove cruces, asta ben rematada a dictadura franquista, nun claro e literal exemplo daqueles versos de Luis Cernuda: "rercuérdalo tú y recuérdalo a otros". Así a memoria chegou asta os nosos días.

En memoria daquela ou daquelas personas que día a día vencían o medo de ser detidas para deixala súa marca, marca que quedou no imaxinario popular como un elemento máxico de recordo das personas, comenzamos a elaborar este documental que levará o nome da curva: "A volta dos nove"

Seguindo a máxima do realizador "grava o que poidas e deixa reposar", este traballo comenzouse a xestar xa fai uns cantos anos. Pensado como un conxunto de 11 mini documentais que vai contando as distintas historias desta historia. Aquí presentamos un dos seus capítulos (e o único totalmente, ou casi, rematado) o do acoso e derribo dos irmáns López Luis.



teaser de a volta dos nove

sábado, 21 de agosto de 2010

Arde Madrid

Fai un tempo comenzamos unha historia basada nos nenos que viviron na cidade sitiada de Madrid durante os anos 36 a 39.

Queríamos saber como fora a vida alí, como lles afectara, as súas reaccións e vivencias ante todo aquilo que estaba acontecendo  o seu arrededor. Todo elo desde a perspectiva de rapaces pero coa outra perspectiva do paso dos anos

Durante algúns invernos fumos un grupo de amigos a Madrid e fumos recollendo testemuños de distintas personas que viviron aqueles tristes anos. Entregaban a súa memoria e, os que podían, tamén as imaxes dos anos vividos. As horas de gravación ían acumulándose, E hoxe xa comenzan a vela luz.

Este era o trailer que fixéramos naquel momento, ainda incluso, sen ter nada gravado:



Tras a primeira viaxe fixemos un par de previos para dar a coñecelo traballo e ver de conseguir algunha aportación económica.

O testemuño de Felisa era desgarrador de principio a final. Ela marchaba o día seguinte para a Manga del Mar Menor. Abandonaba a cidade na que estivo toda a súa vida por cuestións de saude. Pero antes ía a deixarnos as súas verbas cheas de emoción. A gravación estaba realizándose as tantas da mañán nunha casa valeira pola mudanza.

Este anaco sobre a súa evacuación é emotiva:



Outra das personas que entrevistamos por aquelas datas foi ao periodista e escritor, Eduardo Haro Tecglen. Falamos de todo e se nos foi as ideas unhas cantas veces. Parecía que estábamos ante un discurso xeneral e as palabras revoloteaban por toda a habitación. Logo de despedirnos, e ante a imposibilidade de poder seguir charlando posto que tiña un acto a continuación, prometimos voltar e continuar coa conversa. Non foi posible, nese mesmo ano morría.

Dun dos seus libros extraemos o título do documental e con el viñeron as memorias dese neno republicano.



Agora voltamos a cidade metropolitana para continuar e rematar esta historia que discurre, case toda, baixo terra, como escondida, como refuxio, como transporte.

Arde Madrid comenza o seu ciclo final.

O fabuloso compositor, instrumentista e excelente amigo, Arturo Solar, continúa pola América do norde mostrando as súas habilidades técnicas e artísticas.

Un dos seus últimos traballos para o campo audiovisual é a banda sonora da película de Conchita Nora Villa "Alondra Smile's". Con ela gañou, no seu apartado, o festival internacional de bandas sonoras de Úbeda.

Aquí poden ver un trailer dese traballo:






Quen se queira por en contacto con el só ten que entrar na páxina web www.arturosolar.com

martes, 17 de agosto de 2010

El ruido y el silencio


Na semana santa deste ano de 2010 decidín facer unha viaxe as terras turolenses de Andorra co amigo Víctor, natural daqueles aires.

Íamos a traballar nun documental sobre a memoria oral do Baixo Aragón que se está a chamar Albada de los vientos. Pero decidimos ir cuns días de adianto e de paso ía a coñecer o ambente sonoro da semana santa andorrana. Un pobo que neses días exprésase vía da sonoridade do tambor e do bombo.

Tiña eu unha añoranza polos tempos vividos en Gondomar e cando chegaban as festas de san benito, as veces, baixaban as treboadas do Rosal a facer paseos estrondosos polo pobo con aqueles tambores.

O chegar a vila (hai que ter en conta de que a pesares de ser a terceira vila da provincia de Teruel, Andorra só conta con oito mil e pico personas), invadiunos de primeiras o son dos bombos que ensaiaban en calqueira casa. Portas e ventás emitían este traqueteo constante que pouco a pouco che vai invadindo a cabeza impedíndoche pensar noutra cousa.

¿E que podía facer un cunha cámara na man e catro días por diante sen nada que facer?. Pois pola en marcha e recoller esa vida ademáis marcada pola dualidad da creencia ou non dun dios pero sen embargo participante desa actividade procesional católica.

Deses días e coa colaboración de O Faiado da Memoria e La Masadica Roya, xurdiu o documental de el ruido y el silencio e este é o seu trailer:

----------------------------------------------------------------------------------
Pero como o diría Juan José Bielsa e todo aragonés e aragonesa que ame a súa terra:

En a Semana Santa d'ista añada de 2010 dezidié fer un viache a las tierras teruelanas d'Andorra con l'amigo Víctor, natural d'ixe lugar.

Íbanos a treballar en un documental sobre a memoria oral d'o Baxo Aragón que leva por títol "Albada de los vientos". Pero dezidiemos ir-ie con prou tiempo, bels días antis, ya que a o mesmo tiempo teneba previsto conoxer l'ambién sonoro d'a Semana Santa andorrana. Un lugar que en ixos días s'amuestra a traviés d'a sonoridá d'o tambor y o bombo.

Teneba yo cariños por os tiempos vivius en Gondomar y cuan plegaban as fiestas de San Benito; alavez baxaban chens dende O Rosal a fer gambadas muito roidosas por o lugar con ixos tambors.
En plegar a la Villa (s'ha de tener en cuenta que a pesar de ser a terzera localidá d'a provinzia de Tergüel, Andorra solamén tien güeito mil y escai abitans), nos invadió en primeras o soniu d'os bombos que asayaban en cualsiquier casa. De puertas y finestras saliba ixe repiquetiar contino que a bonico t'iba invadindo a capeza privando-te de pensar en atras cosetas.

¿Y qué podeba fer uno con una camara en man y cuatro días por deván, sin atra cosa que fer? Pos enchegar-la y recullir ixa vida marcada por a dualidá d'a creyenzia u no en un dios pero sin dembargo unanimemén partizipando en ixa autividá prozesional catolica.

De resultas d'ixos días pasaus en Andorra y con a colaborazión de O Faiado da Memoria y La Masadica Roya surtió o documental de El Ruido y el Silencio (O Roído y o Silenzio), e iste ye o suyo trailer:



trailer el ruido y el silencio

Esta noite, velada

A mediados de 2009 rematábamos este documental pero é neste 2010 cando decidimos facerlle uns axustes e botalo a vivir.

Esta noite, velada conta a historia do grupo de teatro afecionado Airiños da parroquia rianxeira de Asados. O grupo foi creado no ano 35 do século XX polas xuventudes do Partido Galeguista.

Un ano despois a incruenta Guerra Civil rompía coa ansia destes creadores. Algúns deles acabaron no exilio, outros foron asesiñados e os demais sufriron persecución e aldraxe. Pero o esforzo iniciado non ía a caer en vano e a agrupación continuo a pesares da guerra e da posterior dictadura.

75 anos despois Airiños vai a voltar a representar a obra coa que comenzou a vivir: a fuxida de Napoleón.

Os ensaios e estrea desta obra vai a selo telón de fondo para poder contar a historia dun grupo de resistencia social e cultural.

Este é un anaco deste documental.


TRAILER AIRIÑOS

Comenzo de Andaina


O Faiado ven de comenzala súa andaina audiovisual con dúas producións "esta noite, velada" e "el ruido y el silencio".

Quizás este non vaia a ser un blog no que se esté informando puntualmente, senón como un lugar onde vaiamos colocando cousas do noso quefacer.

Benvidos pois o espazo de O Faiado Producións.