sábado, 21 de agosto de 2010

Arde Madrid

Fai un tempo comenzamos unha historia basada nos nenos que viviron na cidade sitiada de Madrid durante os anos 36 a 39.

Queríamos saber como fora a vida alí, como lles afectara, as súas reaccións e vivencias ante todo aquilo que estaba acontecendo  o seu arrededor. Todo elo desde a perspectiva de rapaces pero coa outra perspectiva do paso dos anos

Durante algúns invernos fumos un grupo de amigos a Madrid e fumos recollendo testemuños de distintas personas que viviron aqueles tristes anos. Entregaban a súa memoria e, os que podían, tamén as imaxes dos anos vividos. As horas de gravación ían acumulándose, E hoxe xa comenzan a vela luz.

Este era o trailer que fixéramos naquel momento, ainda incluso, sen ter nada gravado:



Tras a primeira viaxe fixemos un par de previos para dar a coñecelo traballo e ver de conseguir algunha aportación económica.

O testemuño de Felisa era desgarrador de principio a final. Ela marchaba o día seguinte para a Manga del Mar Menor. Abandonaba a cidade na que estivo toda a súa vida por cuestións de saude. Pero antes ía a deixarnos as súas verbas cheas de emoción. A gravación estaba realizándose as tantas da mañán nunha casa valeira pola mudanza.

Este anaco sobre a súa evacuación é emotiva:



Outra das personas que entrevistamos por aquelas datas foi ao periodista e escritor, Eduardo Haro Tecglen. Falamos de todo e se nos foi as ideas unhas cantas veces. Parecía que estábamos ante un discurso xeneral e as palabras revoloteaban por toda a habitación. Logo de despedirnos, e ante a imposibilidade de poder seguir charlando posto que tiña un acto a continuación, prometimos voltar e continuar coa conversa. Non foi posible, nese mesmo ano morría.

Dun dos seus libros extraemos o título do documental e con el viñeron as memorias dese neno republicano.



Agora voltamos a cidade metropolitana para continuar e rematar esta historia que discurre, case toda, baixo terra, como escondida, como refuxio, como transporte.

Arde Madrid comenza o seu ciclo final.

No hay comentarios:

Publicar un comentario